Javier Domínguez Pérez

Nado en Vilar de Barrio, provincia de Ourense, no ano 1984.

Gaña o "III certame de relato curto, Letras Galegas", Xinzo de Limia, e resulta finalista no concurso de relato curto “Entre nós, en galego”, na fase provincial en Ourense.

Estuda Maxisterio Musical en Santiago de Compostela. Adícase ao mundo da educación dende o remate da carreira.

Estréase no mundo do conto infantil ilustrado co relato A Superavoa de Antón, libro editado tanto en galego coma en castelán pola organización Meu Rei.

Criado á sombra da Serra de San Mamede, crea xunto coa súa compañeira Alba De Evan esta serie de contos con temática medioambiental, que transcorre na mesma Serra.

Enlace á entrevista feita polo xornal La Región de Ourense (suplemento Vida): ENLACE.

Enlace á entrevista feita polo xornal Faro de Vigo: ENLACE.

Enlace á entrevista feita polo xornal La Voz de Galicia: ENLACE

Editorial Linteo