Onde está Lusco?

Na primavera nova vida nace na serra. Os lobetos de Lúa énchena de ledicia, ata que unha
misteriosa desaparición require a axuda de Amelia.

Conseguirán resolvela?

Nesta historia, chea de misterio e emoción, a loba Lúa, xunto cos seus lobetos e a raposa
Amelia, terán que resolver unha misteriosa desaparición na serra de San Mamede.

No caderno de actividades, incluído no libro, poderedes atopar diferentes actividades
traballando o valor da amizade, a axuda aos demais e o coidado da Natureza e os animais.
Estes exercicios serán de comprensión, coloreables, recortables, manualidades e tamén
inclúen a canción de Naturizo.

ISBN: 978-84-120058-2-0

Unha pequena mostra

Editorial Linteo