
Nado en Vilar de Barrio, provincia de Ourense, no ano 1984.
Gaña o «III certame de relato curto, Letras Galegas», Xinzo de Limia, e resulta finalista no concurso de relato curto “Entre nós, en galego”, na fase provincial en Ourense.
Estuda Maxisterio Musical en Santiago de Compostela. Adícase ao mundo da educación dende o remate da carreira.
Estréase no mundo do conto infantil ilustrado co relato A Superavoa de Antón, libro editado tanto en galego coma en castelán pola organización Meu Rei.
Criado á sombra da Serra de San Mamede, crea xunto coa súa compañeira Alba De Evan esta serie de contos con temática medioambiental, que transcorre na mesma Serra.
Enlace á entrevista feita polo xornal La Región de Ourense (suplemento Vida): ENLACE.
Enlace á entrevista feita polo xornal Faro de Vigo: ENLACE.
Enlace á entrevista feita polo xornal La Voz de Galicia: ENLACE