Ola, son Naturizo

Naturio

Ola son Naturizo! 

Son un ourizo cacho e vivo, xunto cos meus amigos, na Serra de San Mamede, en pleno Macizo central ourensán.

Nesta colección de contos infantís, de carácter medioambiental, poderás atopar mil e unha historias das miñas aventuras pola serra e máis alá. Contos xeitosos para cativos e cativas de entre 0 e 99 anos, con distintas temáticas como as estacións do ano, o medioambiente, a amizade ou as festas populares coma os Maios.

Tódolos libros inclúen actividades de comprensión, manualidades, pasatempos e… a miña canción! A canción de Naturizo!